Como todos os anos por estas datas, ¡chega a Operación Quilo!
Do 1 ao 22 de decembro faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e hixiene, así como de aportacións económicas que invertiranse nestes produtos.
Para ilo podes achegarte ao noso Centro Xuvenil (Rúa Don Bosco 1) como á parroquia María Auxiliadora (Rúa Hospital 7).
Outro xeito de colaborar é participando no torneo solidario de futbol sala mixto, para o cal hai que inscribirse no formulario que aparece abaixo e aportar un 1kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene por cada participante.
¡¡¡ O Sábado 15 comezan as actividades de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Iniciación e Catecumenado !!!
E como todos os anos, comezaremos coa "Actividade de Paso", na que celebraremos o inicio das actividades dándolle a benvida aos novos amigos e amigas que nos acompañarán este curso, así como o paso daqueles e aquelas que terminan unha etapa e comezarán outra nova.
A actividade comezará ás 11:00 e rematará ás 13:00.
Tedes toda a información para realizar a inscrición no seguinte enlace: