(CANCELADO) Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2022

 CURSO CANCELADO 

O Centro Xuvenil Abeiro xunto coa Escola de Tempo Libre Don Bosco convoca un curso de monitor/a de tempo libre para realizar as fins de semana do 19 de marzo ao 1 de maio, luns, martes e mércores de semana Santa e intensivo do 18 ao 24 de xullo de 2022.

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso 
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • Marzo: 19, 20, 26, 27
  • Abril: 9, 10, 11, 12, 13, 24, 30
  • Maio: 1
  • Xullo: 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

O curso desenvolverase de forma presencial.

Horarios:

  • As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Matrícula:

Para realizar a inscrición hai dúas opcións:

  1. Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
  2. Achegándose ao CX Abeiro na rúa Don Bosco 1 na Coruña.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 100€. Esta cantidade reembolsarase no caso da non realización do curso por falta de inscrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a é baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do inicio do mesmo.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento (no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Forma de pago

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2109 4102 0025 2734 indicando no concepto o "CMTL - nome do/a participante".
  2. Achegándose ao CX Abeiro na rúa Don Bosco 1 na Coruña (en efectivo)

Total prazas:

  • 25 alumnos/as

Prezo:

  • 250€. Taxas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

*O curso pode incluír de balde: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro. 

 

 

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras