Mañás de Verán 2022
Rematado o prazo de inscrición
- Destinatarios: nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2018
- Datas: de luns a venres, do 27 de xuño ao 22 de xullo e do 8 de agosto ao 2 de setembro
- Lugar: instalacións de salesianos
- Horario: de 9:30 a 14:00 horas
- Servizo opcional de madrugadores desde as 8:30 por 5€ máis cada semana
+ info a continuación
Inscricións
As actividades organízanse por semanas e podedes inscriviros naquelas que máis vos interesen. Sempre por semanas enteiras, nunca días soltos.
Podedes realizar a vosa inscrición ata o 13 de xuño para garantir a praza.
A partir desta data aceptaranse novas inscricións ou ampliacións ata o xoves anterior á semana na que querades anotarvos e sempre e cando haxa prazas libres.
Prezos
O prezo da inscrición a pagar por cada participante dependerá do número de semanas nas que participe, habendo tamén variacións no caso de que participen irmá/ns.
1 semana |
2 semanas |
3 semanas |
4 semanas |
5 semanas ou + |
40 € |
75 € |
110 € |
145 € |
35 € por semana |
No caso de irmá/ns aplicaranse os seguintes prezos nas inscricións da segunda irmá/n en adiante.
1 semana |
2 semanas |
3 semanas |
4 semanas |
5 semanas ou + |
38 € |
72 € |
105 € |
138 € |
30 € por semana |
Ao servizo opcional de madrugadores non se lle aplica descontos polo que costa 5€ por nena/o e semana no caso de solicitalo.
Estes prezos inclúen, entre outras cousas, o emprego de materiais, animadoras/es, uso de instalacións e merendas de media mañás.
Devolucións
En caso de baixa devolverase o 100% da inscrición antes do 13 de xuño.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que se realice dita baixa.