Datas de actividades do 3º Trimestre

Despois da primeira actividade deste terceiro trimestre que tivemos o Sábado pasado, deixámosvos aquí a lista de actividades para os vindeiros meses:

 

  • Abril
    • Sábado 2: actividades normais
    • Sábado 28: imposición de Andaina e ADS, Actividade normal en Tardes Abertas e Catecumenado
  • Maio
    • Sábado 5: Catecumenado e Tardes Abertas actividade normal, xuntanza ADS en Ourense e acampada en Andaina do venres 4 ao sábado 5
    • Sábado 12: actividades normais
    • Sábado 19: NON HAI ACTIVIDADES
    • Sábado 26: FESTA DA FAMILIA
  • Xuño
    • Sábado 2: remate de actividades, saída conxunta.

un DULCE para Paula

Lambóns e lambonas de Abeiro!!! Este Venres 23 e Sábado 24 tedes unha cita no CC. Cuatro Caminos. Podedes participar levando un postre caseiro ou mercando un dos manxares que haberá alí. Os cartos recadados serán destinados a axudar a Paula, a cativa de Boiro que naceu sen óso sacro. Tamén terán un punto de recollida de tapóns de plástico.

Animádevos a pasar por alí.

Mañás de Semana Santa 2012

{source}

<p style="text-align:center">

<a data-lightbox="title:Mañás de Semana Santa 2012;" href="/web/images/carteisactividades/cartel mas desemana santa 2012.jpg">

<img src="/web/images/carteisactividades/cartel mas desemana santa 2012.jpg" width="219"

height="292"></a>

</p>

{/source} 

Os vindeiros días 2, 3 e 4 de Abril teremos no Centro Xuvenil Abeiro unha nova actividade: Mañás de Semana Santa

Durante estes 3 días levaranse a cabo diferentes actividades (grandes xogos, obradoiros, deportes...) dirixidas a rapazas e rapaces nados entre os anos 2000 e 2006 en horario de 9 a 14 hrs.

O prezo da inscrición é de 10 € por día e poderase facer no Centro Xuvenil dende o día 20 e ata o 28 de Marzo en horario de 9:30 a 13 e de 17 a 18:30

A inscrición para poder descargala está aquí.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Abeiro CX

RT @5Corunafs: Los equipos Infantil Femenino y Juvenil de la Academia Red Blue @5Corunafs se suman este sábado durante sus partidos a la Re…

by Abeiro CX

Abeiro CX

RT @5Corunafs: La Academia Red Blue @5Corunafs recogerá alimentos para la Operación Quilo puesta en marcha por el Centro Xuvenil Abeiro el…

by Abeiro CX