PROXECTO “LECEABEIRO”

Proxecto de gran amplitude, consistente na realización, execución e avaliación de accións destinadas ó desenvolvemento de programas e actividades de lecer socioeducativo que favorezan a educación e a promoción integral de nenos,nenas, mozos e mozas galegos/as no seu tempo libre. Así coma de dar a coñecer as ofertas que nos diferentes eidos ofrece o contorno e a cidade á mocidade.


Os beneficiarios son os nenos, mozos e voluntarios do contorno, especialmente aqueles con menos recursos xa que en todo momento estamos a falar de espazos abertos e gratuítos para a inclusión e o desenvolvemento de actividades lúdicas alternativas e sás.

Os resultados que se pretenden acadar son:

  • Promover proxectos que incidan na superación das causas que xeran a exclusión social, facilitando a inserción laboral a desempregados, facilitando a vida destas persoas.
  • Gañar calidade e eficiencia na oferta de actividades.

 

PROGRAMA DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA - CENTRO XUVENIL ABEIRO COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Creando cidadanía común

Os pasados venres 13 e 20 de Xaneiro desenvolvéronse dúas actividades coa ONGD Solidaridade internacional de Galicia, co lema “creando cidadanía común” cuxo obxectivo foi incentivar nas persoas asistentes unha conciencia crítica sobre os problemas actuais do mundo e fomentar neles unha maior implicación social.  

Logo de reflexionar sobre os problemas da súa contorna, os rapaces e rapazas asistentes propuxeron, como forma de protesta pola saturación dos autobuses urbanos durante os mediodía, facer un Mannequin Challenge.



Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras