Punto de Encontro Luns 3 de Agosto. Paseo das Pontes

O próximo luns 3 de Agosto o punto de encontro, tanto de inicio como de remate, é O paseo das Pontes.

O horario é o habitual, de 10.00 h. a 13.00 h. Teremos que levar unha mochila cunha camiseta, calcetíns e calzado de reposto.

Estaremos agardándovos na parte baixa, no inicio do acueduto. Para que vos sexa máis doado atoparnos, deixámosvos unha foto e un enlace a Google Maps:

Animadoras e Animadores do Campamento Urbano 

 

Xuntanza Campamentos Urbano. Mércores 5 de Agosto

O vindeiro mércores 5 de Agosto teremos a nosa Xuntanza de Campamentos Urbanos. Será unha saída de día enteiro na Praia de Cabanas (Pontedeume) xunto co Campamento Urbano de Compostela.

Sairemos do colexio no horario habitual, 10:00 h., e voltaremos contra as 19:00 h. 

Cada rapaz deberá levar a comida e a merenda do día, roupa de baño, toalla e muda para cambiarse, así como protección solar (gorra e crema).

Para vir, haberá que traer cuberta a inscrición. A data tope para entregala é o luns 3 de Agosto pola mañá.

Non se recollerán inscricións máis tarde desa data.

CAMPAMENTO URBANO. AVISO PARA O MARTES 28 DE XULLO

O martes 28 de xullo no Campamento Urbano, temos preparados xogos de auga, polo que aconsellamos que os nenos/as traian posto o traxe de baño, chanclas e unha toalla para secarse. Ademais, roupa para cambiarse: pantalón, camiseta, roupa interior, cacetíns e calzado.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter