Nova Sección na Web

Acabamos de inaugurar (con carácter aínda provisional, todo hai que dicilo) unha nova sección na nosa páxina web. Como podedes ver á vosa dereita, á sección chámase "as nosas festas" e fala diso precisamente, das nosas festas. Iremos actualizándoa segundo a data do ano e a festa que corresponda. Agora mesmo, toca o San Xoán. Picando enriba da imaxe, habedes acadar información dabondo sobre festa tan celebrada, todo grazas á información recollida pola revista Brincadeira no seu monográfico "As festas tradicionais galegas. Onte e hoxe: da aldea ao centro xuvenil". Nada máis, que a desfrutedes, e ¡Meigas fóra!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DA FEDERACIÓN DE CENTROS XUVENÍS DE GALIZA

Mañá, 17 de maio, o noso Centro Xuvenil sairá de ruta pola bisbarra d´A Coruña, percorrendo lugares significativos da vida de Manuel Lugrís Freire. Sairemos ás 11:30 cara Oleiros, logo iremos a Sada, Betanzos e remataremos o día en Carral. Amais de anovar o noso comprimos coa lingua e cultura do noso país, festexaremos o formar parte da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza. Ás 20 horas, xa na Coruña, participaremos na novena.

ITALIA EN ABEIRO

Mañá, mércores 26 de abril, inaugurarase a exposición que Emanuela e Totó están a preparar sobre o seu país, Italia. Durante o mércores, xoves e venres á mañá comentaránllela aos cursos da E.S.O. do colexio San Xoán Bosco. Á tarde a exposición se abrirá en horario de Sala Aberta. O sábado, día 29, ás 19:15 haberá unha charla sobre Roma e Calabria a cargo de Emanuela e Totó. Estarán acompañados dunhas rapazas de Calabria que amenizarán o acto con música desta rexión italiana. Ao cabo, rematarase cunha pequena degustación de produtos típicos destas zonas.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter