Novas Descargas engadidas

Xa están dispoñibles (despois duns cantos contratempos) na sección de [url=http://www.cxabeiro.org/modules/rmdp/index.php]descargas[/url] as follas informativas da Federación e maila Confederación, ademais dalgunha información sobor das actividades que se celebrarán durante estas Pascuas, organizadas pola Delegación de Pastoral da Inspectoría Salesiana de León. Calquera modificación, erro ou suxestión, por favor comunicádeo onde sempre: webmaster@cxabeiro.com, ou [url=http://www.cxabeiro.org/modules/contact/index.php]neste enlace[/url].

SALA ABERTA EN ABRIL

- 1 de Abril, ás 20 horas, obradoiro “Pintando sobre tellas” - 7 de Abril, charla sobre MANUEL LUGRÍS FREIRE a cargo do seu neto Manuel Lugrís Rodríguez, (ás 20:30 horas) - 9 de Abril, roteiro “ A Veiga do Mandeo” (saída ás 9 da mañá da porta do Centro Xuvenil) - Desde o 3 até o 15 de Abril, exposición “Medio ambiente e humor” - 22 de Abril, “ O Ceo na Terra”, obradoiro de divulgación da Astronomía (ás 20:00 horas). - 28 de Abril, Contacontos “Lendas Galegas de terror” (ás 21:00 horas) - Desde o 24 de abril ao 30 “Italia en Abeiro”

Outra Boa Nova máis!

Atención, que temos a segunda diplomada da semana!

Despois de 2 créditos que moito se fixeron esperar, a nosa incrible coordinadora de Espabila (zona Coruña e provincia) xa é diplomada en Educación Social, ¡Noraboa! ¡Felicidades, Nuria!

E vós que? Eiii, usuarios rexistradoooos! Non tedes novas destas? Ou algo que fale das agrupacións? Algunha nova simplemente?

De tela, pinchade en enviar artigo (aí á esquerda), e despois enviade unha mensaxe privada a admin, para que sexa publicada.

Animádevos!

Por certo, que para subir imaxes tédesmas que enviar por correo (webmaster@cxabeiro.org ou informatica@cxabeiro.org), ou subilas co botón "Image Manager".

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter