Boa nova!

 

Por se non o sabiades, este rapaz de aquí xa é diplomado. Como non adoita pasar todos os días, coloco aquí esta boa nova.

Deste xeito saberedes que non é tan difícil facer desta páxina algo vivo e de todos e todas.

Simplemente probade cousas!

E por certo, ¡Felicidades Dani!

Festa de Entroido

A festa de entroido para os "maiores" do Centro Xuvenil será o luns día 27, para aqueles rapaces e rapazas maiores de 12 anos.

Estará ambientada no Oeste, e se desenvolverá na Sala Aberta entre as 20:00 e as 22:30 hrs.

As invitacións poderán ser recollidas na Sala Aberta ou na secretaría do Centro Xuvenil.

¡Atrévete e ven!

Campionato "Magic: The Gathering"

Os vindeiros días 3 e 10 de marzo celebraráse no Centro Xuvenil, como actividade da Sala Aberta, un campionato por parellas do xogo de catas "Magic: The Gathering". A inscrición está aberta até o 1 de marzo, na Sala Aberta de Abeiro.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter