Primeira crónica dos nosos enviados especiais ó noso 9º campamento urbano: As Abeirolimpiadas 2012.

Xornada inaugural:

Este luns 30 tivo lugar a acollida dos atletas na vila olímpica. 70 rapaces en 6 seleccións. Cada unha delas preparouse para a cerimonia inaugural das abeirolimpiadas 2012. Fixemos as nosas bandeiras e himnos nacionais. Xa estaba todo listo para a chegada do lume olímpico. Despois do ansiado desfile das seleccións , chegou o aceso do pebeteiro dando este ó pistoletazo de saída ás competicións.

Martes 31 de Xullo: Deportes de equipo.
Na xornada deste martes , xogamos en equipo nos primeiros enfrontamentos entre as 6 seleccións.
6 modalidades de deportes tradicionais foron as elixidas para dar comezo á loita polos metais olímpicos. Uns partidos moi igualados,con 6 seleccións en plena forma preparadas para os 8 días de Abeirolimpiadas que nos restan.

Imos de festa!!!

 

 

 

Estamos de dobre celebración. A primeira que hoxe é o cumpreanos de esa rapaciña pola que estamos a gardar os tapóns. A pequena Paula fai dous aniños e que mellor forma de celebralo que dicindo, a parte de parabens…obxectivo cumprido!!!!!

 Pois si, estás a ler ben. Fai uns días os país de Paula facían público que grazas a axuda da xente conseguiron os cartos necesarios para pagar as operación da rapaza. Nada mais e nada menos que 265.000€.

 Ti, que trouxeches os teus tapóns a Abeiro, librería, cole ou Teranga podes estar orgulloso de ter debuxado un sorriso nas facianas desa familia. Pero a tua labor non rematou aquí porque do mesmo xeito que Paula, hai moitos mais rapaces que precisan da tua axuda así que continúa gardando tapóns!!!


Deixámosvos unha ligazón para que vexades o ben que vai Paula ;D

 

 

 

Cerre Sala Aberta e Sala de Ensaio por Vacacións!

O verán xa chegou e con el as vacacións !

Por iso tanto a Sala Aberta como a Sala de Ensaio tomaránse un descanso ata a volta das vacacións

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter