ACAMPADA SALTIMBANQUIS

Durante este pasado fin de semana, os nenos e nenas de Saltimbanquis xunto ás súas animadores realizaron a súa primeira acampada. 

Durante a tarde-noite do venres e case todo o sábado, vivimos unha chea de aventuras. Ao chegar ao ?Hotel Saltimbanquis?, recibiamos unha chave que nos permitía acceder ás habitacións, pero á hora de chegar ás nosas habitacións para gardar nosas pertencías xorde un problema, si si, como o ledes, a planta estaba pechada e o director de hotel marchar coas chaves? dispostos a non durmir nas escaleiras realizamos unha minuciosa procura que culmina coa aparición da chave mestra, xa tranquilos dirixímonos a cear e posteriormente a ver unha película.

Ao día seguinte, espéranos unha xornada intensa, pois nos converteremos en expertos reposteiros e por fin recibiremos noso pano Saltimbanquis!!!, pero para iso tivemos que facer un compromiso que metemos nunha cápsula do tempo? máis tarde, xunto ao resto de compañeiros das outras agrupacións do Itinerario (Andaina, ADS e Catecumenado) escoitamos unha historia sobre a vida de Don Bosco, e todo xuntos realizamos un xesto na súa memoria. 

Xa é a hora para comer, e a verdade é que estamos famentos, e a comida tarda moito? pero que mellor que esperar xogando?? Tras comer, de sobremesa tomamos os deliciosos manxares que fixemos pola mañá e todos eses biscoitos e doces que os pequenos e pequenas trouxeron para compartir.

A fin de semana foi moi completiña, así que agora toca recoller, felicitarnos polo ben que o fixemos e irnos para casa a descansar e asimilar todo o que vivimos


 Feliz Semana A Todos E Todas!!!!

 
Un Besazo De Todos Os Que Formamos Saltimbanquis.

"Cielva" a cidade dos saltimbanquis

En Cielva, o primeiro día, conseguimos poñerlle nome á nosa cidade. Para poñerlle o nome, o votamos todos os cidadáns: Os cielvanquis.

O segundo día de Cielva, descubrimos que son necesarias as normas, porque senón non sabemos comportarnos ben. Por iso, ese mesmo día, fixemos as normas de Cielva.

O terceiro día da cidade, descubrimos que é mellor xogar todos xuntos. Para descubrilo, primeiro xogamos separados e despois xuntos.

O cuarto día, pintamos o mural da nosa cidade, escribimos o noso propio Xornal e os dereitos dos “cielvanquis”.

Asignado:

 

Os nenos e as nenas de saltimbanquis, os “cielvanquis”.

 

 

 

 

Feliz Nadal!!!!

TARDES ABERTAS

Fai unha semana, tal día coma hoxe, os nenos e nenas de Tardes Abertas finalizaban o seu campamento Saltimbanquis, que viviron en Cambados, xunto con rapaces e rapazas de Vigo, Ourense e Lugo, para dar por finalizado o curso.

Este ano, rematamos vivindo unha aventura africana de mans de Teranga, que foi a encargada de ensinarnos un montón de cousas. Aprendemos a cazar, a elaborar símbolos para identificarnos coma tribos, o significado dos bos e malos recordos … vamos, que vivimos tantas tantas cousas, que é moi difícil poñelo aquí.

Por outra banda, tamén foi un momento de despedida, xa que algúns nenos e nenas de terceiro vivirían connosco a súa ultima aventura, xa que para o ano iranse para andaina, jops, como os imos botar de menos …

 

Pero non podemos estar tristes, xa que este ano non compartimos soamente o campamento, senón que durante todo o curso, puidemos vivir unha aventura súper máxica, ao lado dos bruxos e bruxas da escola de Maxia.

 

Que pasedes un bo verán

 

 

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter