Xuntanza Campamento Urbano

Velaquí unha visión da Xuntanza de Campamentos Urbanos da Federación de CCXX Don Bosco de Galicia, celebrada este ano en Ourense co gallo dos 20 anos da Asociación Xuvenil Amencer. (Texto e fotos extraídos de www.amencer.org) [i] Neste Campamento Urbano, para conmemorar estes 20 anos, celebramos a xuntanza de campamentos urbanos da federación de Galicia na nosa cidade de Ourense. Ata aquí se achegaron o Campamento Urbano de Vigo abertal, o Urbano de A Coruña Abeiro, e o de Santiago Don Bosco. Reunidos xa os catro campamentos urbanos e uns mil rapaces; despois dunha benvida ós outros campamentos, comezamos unha marcha polas rúas da nosa cidade todos xuntos en dirección á Praza Maior para mostrarlle a toda a cidade que estabamos de xuntanza, que o campamento urbano de Ourense cumpría 20 anos, e que Amencer tamén cumpría 20 anos. Unha vez na plaza Maior, expuxemos o noso manifesto en presencia do alcalde da cidade, e noso alcalde expresounos unhas palabras para rematar cantando o cumpreanos feliz. Despois deste acto, dirixímosnos todos a Allariz, para comer xuntos en Acearrica e despois dun momento de sobremesa, disfrutar dun baño no río. Esta xuntanza, acabou cun xesto de despedida onde intercambiamos as camisetas dos nosos respectivos urbano, e os rapaces todos xuntos cantaron o Imno dos nosos campamentos. [/i]

Campamento Urbano 2007

Ola! Semella que estamos de vacacións, que por aquí tampouco parece pasar nada importante! Pero pasa, proba disto é o Campamento Urbano 2007, do que xa falaramos algo antes de agora. Velaquí tedes máis informacións: - Hoxe, día 12, ábrese o prazo de inscripción. Posto que as prazas son limitadas, cómpre que veñades canto antes. - O horario da secretaría é de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00, do 12 ao 18 de Xullo. - Tedes dispoñibles as fichas de inscripción e médica neste [url=http://www.cxabeiro.org/data/abeiro/Inscripcion_e_ficha_medica_07.pdf]enlace[/url]. - Velaquí unha información máis polo miúdo do que será este Urbano: [url=http://www.cxabeiro.org/data/abeiro/tripticos_CU.pdf]pica aquí[/url]. E nada máis, por agora. Na medida do posible (pois moitos dos que "xestionamos" esta ventá ao mundo marchamos de campamentos), seguiremos informando!! Saúdos!

Campamento Urbano 06-07

"O sexto elemento. Xogando na cidade" Se queres descubrir cal é "o sexto elemento" animate a participar no VI Campamento Urbano de Abeiro. Este sábado 23 de Xuño, teremos o precampamento para os animadores e animadoras que imos levalo a cabo. É moi importante que as persoas que vaiades a estar no campamento, con independenza do tempo que sexa, asistades ao precampamento, pois é eiquí onde realmente comeza o campamento Urbano. Deste momento depende en gran medida, o desenvolvemento do mesmo. Por iso, dende o Equipo de Campamento Urbano pedímosvos que fagamos un pequeno esforzo por asistir. O horario será de mañá, de 10,30 a 14 horas. Haberá unha primeira parte onde se explicará brevemente a temática do Campamento e os contidos dos distintos días. Este será tamén o momento en que explicaremos polo miúdo o primeiro día do Campamento, repartindo xa as distintas encomendas que conleve. Despois desta primeira parte, un pequeno descanso, para retomar logo toda a parte organizativa. Algúns de vós xa confirmastes a vosa presenza no campamento, tanto para vós, coma para aqueles que se animen, pedimosvos que confirmedes a asistencia ó precampamento, e no seu caso, os tempos que podedes estar no Campamento Urbano, poñendoos en contacto con Isa. Saúdos!

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras