O vindeiro mércores 5 de Agosto teremos a nosa Xuntanza de Campamentos Urbanos. Será unha saída de día enteiro na Praia de Cabanas (Pontedeume) xunto co Campamento Urbano de Compostela.
Sairemos do colexio no horario habitual, 10:00 h., e voltaremos contra as 19:00 h.
Cada rapaz deberá levar a comida e a merenda do día, roupa de baño, toalla e muda para cambiarse, así como protección solar (gorra e crema).
Para vir, haberá que traer cuberta a inscrición. A data tope para entregala é o luns 3 de Agosto pola mañá.
Non se recollerán inscricións máis tarde desa data.