Campamento Urbano 11 - A volta ao mundo en 10 dias
O Campamento Urbano é unha actividade dirixida a rapaces e rapazas que, por diversas razóns, pasan as súas vacacións de verán, durante os días que se desenvolve o campamento, na Coruña. É un campamento con catro características fundamentais: aberto, gratuíto, na cidade e con continuidade.
É un campamento “diferente”, pois as/os rapazas/rapaces comen e dormen nas súas casas.
Este ano será do 28 de xullo ao 8 de Agosto e o vindeiro luns comezamos co periodo de inscricións
No cartel tedes toda a información sobre a actividade e as inscricións (podedes premer na imaxe para aumentala)
{source} <a data-lightbox="title: Campamento Urbano '14" href="/web/images/carteisactividades/urbano_2014.jpg"><img src="/web/images/carteisactividades/urbano_2014.jpg" align="middle" border="0" width="400" style="border: 0;" /></a> {/source}
Grazas por estes 10 Campamentos Urbanos!
Onte rematou o noso Campamento Urbano.
Ao longo deste campamento "Un Campamento de 10", fomos percorrendo todas as edicións que levamos feitas dende o primeiro alá polo ano 2002, ata o décimo neste ano 2013.
Cada dia fomos lembrando unha delas e fóronnos visitando compañeiros e compañeiras para rememorar todos estes "Urbanos" e tamén polas redes sociais os que non puideron achegarse.
E para rematar este Campamento Urbano tan especial gustaríanos compartir convosco este video conmemorativo que fixemos.
Moitas grazas a todas e todos os que compartíchedes connosco todos estes Urbanos.
Esperámosvos o ano que ven!!!
{source}
<!-- You can place html anywhere within the source tags -->
<video src="http://cxabeiro.org/web/videos/10AnosdeCampamentoUrbano2.mp4" width="450" height="340">O teu navegador non soporta HTML5, por favor, actualízao</video>
{/source}