Concurso de Fotografía

 

A presentación do concurso, segundo a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia:

Galiza en branco e negro (IV Concurso de Fotografía)

Gustaríanos ollar a Galiza dos contrastes; e non só os producidos polas diferenzas de luz ou tons, senón os do día a día nos nosos barrios, vilas e aldeas, nas xentes, nos traballos, nos medios...

É pois unha proposta aberta e creativa. Animámosvos a participar no concurso e a que abrades ben os ollos ao voso redor; se cadra, os contrastes no cotián quedarán reflectidos nalgunha das vosas instantáneas.

Bases do concurso:

  1. Poderán participar todas as persoas que o desexen, independientemente da súa nacionalidade e/ou lugar de procedencia.
  2. Establécense tres categorías (cada participante será inscrito segundo a súa idade o próximo día 1 de setembro de 2006): a. Nenas e nenos até 13 anos. b. Mozas e mozos entre 14 e 30 anos. c. Maiores de 30 anos.
  3. A modalidade deste concurso é a fotografía. A técnica e formato utilizados serán libres.
  4. A temática xirará sobre o tema “Galiza en branco e negro”.
  5. As fotos deberán ser orixinais e inéditas, non podendo ter recibido premios anteriormente.
  6. Cada foto deberá ir acompañada dun título referido ao tema do concurso e co nome do lugar onde se realizou; no reverso figurará a data de nacemento do autor ou autora e a categoría na que se presenta, sen máis identificación. Acompañando a obra en un sobre pechado adxunto, enviaránse os datos completos do autor ou autora (nome, idade, enderezo, fotocopia do carné de identidade ou pasaporte e teléfono).
  7. O tamaño mínimo da fotografía será: a. Para formatos analóxicos, de 20x25 cm. b. Para formatos dixitais, de 20x30 cm. En ambos casos será obrigatorio montar a fotografía nun soporte (cartolina ou similar) dun tamaño de 30x40 cm.
  8. Cada participante poderá presentar todas as fotografías que desexe.
  9. As fotografías gañadoras pasarán a ser propiedade da Federación de Centro Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
  10. O xurado será nomeado pola presidenta da Federación de Centro Xuvenís Don Bosco de Galicia, e estará formado por persoal cualificado no campo da fotografía, da mocidade e do tempo libre.
  11. A decisión do xurado será inapelable.
  12. A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras.
  13. Establécense os seguintes premios por categoría:
    • a. 90 euros.
    • b. 180 euros.
    • c. 150 euros.
  14. Os premios serán únicos e indivisibles. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderá ser declarado deserto algún premio.
  15. Todas as fotografías deben ser entregadas na secretaría da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia (rúa Belvís, 2 – 15703 Santiago de Compostela), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de setembro de 2006, facendo constar no exterior do sobre “Para o concurso de fotografía “Galiza en branco e negro”. No o Outono Fotográfico, que se celebrará no mes de novembro en Ourense, serán dados a coñecer os nomes dos premiados no concurso.
  16. As fotografías presentadas formarán parte dunha exposición que con carácter itinerante pasará por distintos puntos de Galiza.
  17. Non se devolverán os orixinais por correo, deberán ser recollidos na secretaría técnica da Federación no mes de xuño de 2007. As fotografías non recollidas nese prazo pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
  18. A participación no concurso implica a aceptación de todas estas bases.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras