9 de marzo

Esta fin de semana volvemos ao ritmo normal de actividades, así os proxectos Tardes Abertas, Andaina, A.D.S. e Abrente retomarán o ritmo previo a Pombas Solidarias.

Mañá, ás 19:00 horas, xúntase Tardes Abertas para preparar o acampamento de verán.

O sábado, ás 20:00 horas, haberá xuntaza de programación do Campamento Urbano.

O martes vindeiro exporase a exposición "Mellor dito" na Sala Aberta. Este mesmo día, ás 21:50 haberá xuntanza do Equipo de Traballo Garamallo.

2 de marzo

Hoxe ás 20:30 haberá oración de animadores e animadoras.

Mañá ás 20 hai xuntanza de animadoras e animadores para a actividade conxunta do venres.

Ás 17:30 hai campionato de cartas Magic.

Esta fin de semana Anahí, Laura, Nuria, Emanuela e Asun participarán nas xornadas formativas de marxinación en León.

O martes, ás 18:45 hai equipo de traballo de formación.

O mércores, ás 19 horas, c.p.a.

Saúdos

Concurso de Fotografía

 

A presentación do concurso, segundo a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia:

Galiza en branco e negro (IV Concurso de Fotografía)

Gustaríanos ollar a Galiza dos contrastes; e non só os producidos polas diferenzas de luz ou tons, senón os do día a día nos nosos barrios, vilas e aldeas, nas xentes, nos traballos, nos medios...

É pois unha proposta aberta e creativa. Animámosvos a participar no concurso e a que abrades ben os ollos ao voso redor; se cadra, os contrastes no cotián quedarán reflectidos nalgunha das vosas instantáneas.

Seguir lendo

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter