Como todos os anos por estas datas, ¡chega a Operación Quilo!
Este ano, co lema "Quilos que dan vida", axudaremos a preto de 70 familias da nosa contorna e gustaríanos que nos axudarades.
Do 9 ao 21 de decembro faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e hixiene, así como de aportacións económicas que invertiranse nestes produtos.
Para ilo podes achegarte ao noso Centro Xuvenil (Rúa Don Bosco 1) como á parroquia María Auxiliadora (Rúa Hospital 7).
Tamén teremos un punto de recollida de produtos no supermercado Familia de Ramón del Cueto.
Outro xeito de colaborar é participando nas seguintes actividades que temos preparadas, cuxos requisitos son incribirse nos formularios correspondentes e aportar un 1kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene por cada participante.
A Operación Quilo é unha campaña que organizamos todos os anos no nadal dende o Centro Xuvenil Abeiro co obxectivo de recadar alimentos para familias que o necesitan da cidade, especialmente do noso barrio apoiando a Cáritas Parroquial e ao CAI Teranga.
Os actos previstos este ano dentro da campaña son:
Novembro:
Sábado 28 de Novembro ás 14:00 partidos de futbol gaélico na Torre coa colaboración de Fillos/as de Breogán
Decembro
Sábado 5 ás 16:00 partido de fútbol sala no pabillón do Barrio das Flores coa colaboración de 5Coruña FS
Sábado 12 ás 11:00 actividade de sensibilización para os nosos grupos de tempo libre.
Sábado 12 de 19:00 a 21:30 xogos de mesa coa colaboración de Alita Comics.
Domingo 13 ás 12:00 partido de fútbol sala no pabillón do Barrio das Flores coa colaboración de 5Coruña FS
Martes 15 ás 9:40 xesto conxunto no colexio para toda a comunidade educativa, onde poñeranse en común todos os alimentos recollidos para a campaña.
Venres 18 ás 17:30 empaquetado dos alimentos para as familias ás que irán destinados.
Sábado 19 reparto dos paquetes entre as familias e as institucións ás que van dedicados.
Calquera persoa que queira colaborar coa campaña pode traer a súa aportación de alimentos non perecedoiros aos puntos indicados neste mapa ata o día 16 de Decembro: