Operación Quilo '15

A Operación Quilo é unha campaña que organizamos todos os anos no nadal dende o Centro Xuvenil Abeiro co obxectivo de recadar alimentos para familias que o necesitan da cidade, especialmente do noso barrio apoiando a Cáritas Parroquial e ao CAI Teranga.

Os actos previstos este ano dentro da campaña son:

  • Novembro:
    • Sábado 28 de Novembro ás 14:00 partidos de futbol gaélico na Torre coa colaboración de Fillos/as de Breogán
  • Decembro
    • Sábado 5 ás 16:00 partido de fútbol sala no pabillón do Barrio das Flores coa colaboración de 5Coruña FS
    • Sábado 12 ás 11:00 actividade de sensibilización para os nosos grupos de tempo libre.
    • Sábado 12 de 19:00 a 21:30 xogos de mesa coa colaboración de Alita Comics.
    • Domingo 13 ás 12:00 partido de fútbol sala no pabillón do Barrio das Flores coa colaboración de 5Coruña FS
    • Martes 15 ás 9:40 xesto conxunto no colexio para toda a comunidade educativa, onde poñeranse en común todos os alimentos recollidos para a campaña.
    • Venres 18 ás 17:30 empaquetado dos alimentos para as familias ás que irán destinados.
    • Sábado 19 reparto dos paquetes entre as familias e as institucións ás que van dedicados.

Calquera persoa que queira colaborar coa campaña pode traer a súa aportación de alimentos non perecedoiros aos puntos indicados neste mapa ata o día 16 de Decembro:

Resumo da Operación Quilo 14'

{source}
<a data-lightbox="title: Operación Quilo '14" href="/web/images/IMG-20141219-WA0001.jpg"><img src="/web/images/IMG-20141219-WA0001.jpg" border="0" width="480" style="border: 0;" /></a>
{/source}
(preme na imaxe para aumentala)
Un ano novo comezou pero nós non nos podemos esquencer de como rematou o 2014.
 
O reto semellaba complicado: proporcionar alimentos a mais familias dos anos anteriores e dispoñendo de menos recursos pero, se algo aprendimos no mes de Decembro foi que, grao a grao fanse montañas e neste caso montañas de alimentos de primeira necesidade. A foto é so unha pequena mostra de todo o que aportáchedes.
 
Se queredes podemos falar de números (77 familias, 286 persoas, 3872 quilos, 113 nenos...) pero do que realmente queremos falar é de agradecementos.
 
De xeito especial queremos agradecerlles á Asociación de veciños Atochas-Monte Alto e ó equipo de fútbol sala 5 Coruña pola vosa acollida, recollida e boa disposición. Ó IES Ramón Menéndez Pidal pola sorpresa que levamos ó ver que tamén colaborábades con nós por iniciativa propia. Ós ultramarinos do barrio de Monte Alto (Anosa tenda, La tienda de Sylvia, Mansilla, Ultramarinos Maripaz e Frutas Toirán) polas ideas de mellora para os vindeiros anos e porque pese ó pouco espazo dispoñible non foi impedimento algún. Moitísimas grazas ó equipo de fútbol gaélico Fillos de Breogán e a Cova Cética pola iniciativa, difusión e implicación.
 
En xeral, grazas a todas as persoas que Quilaboraron connosco durante duas semanas.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras