Café Concerto Solidario e 20 Anos da Federación

O pasado sábado 14 celebramos na Sala Aberta o Café Concerto Solidario deste ano e tamén a nosa propia celebración dos 20 anos da Federación.

Last Shot, Hate Out (@Hateoutband), Senectud Sideral (@SenectudSideral), Scream for a Nightmare (@officialS4AN), Iván Mosquera e un grupo de antigos alumnos foron os que actuaron e deron vida a este concerto co que recaudamos alimentos e algo de cartos para a Operación Quilo deste ano.

Grazas pola vosa Quilaboración!! 

 

Tamén durante o evento celebramos os 20 anos da nosa Federación e aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega dos premios dos Hipercurtos Contos a Manuel Sánchez Domato gañador da categoría B e a Sergio Javier Iturriaga Heras da categoría C.

Noraboa aos gañadores!

No seguinte enlace podedes ver a galería de fotos, en canto podamos engadiremos mais fotos (e de millor calidade...)

Álbum Cafe Concerto Solidario & 20 Anos Federación

Cafe Concerto Solidario 2013

Como todo-los anos, no Centro Xuvenil Abeiro organiza o Café Concerto Solidario con motivo da campaña da Operación Kilo.

Este ano será o sábado 14 de Decembro ás 19:30 e o prezo das entradas 1kg de alimentos non perecederos + 2€.

Todo o recadado coas entradas será destinado íntegramente a esta campaña coa que neste nadal repartiremos centos de kilos de alimentos a familias da nosa cidade que os precisan...

Ademais esta edición do Café Concerto Solidario será especial pois será tamén a nosa celebración dos 20 anos da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia!!!

 {source}

<a data-lightbox="title: Café Concerto Solidario 2013" href="/web/images/carteisactividades/Cafe_Concerto_Solidario_2013_20Fede_A4.png"><img src="/web/images/carteisactividades/Cafe_Concerto_Solidario_2013_20Fede_A4.png" border="0" width="400" style="border: 0;" /></a>

{/source}

+ Inscrición dos grupos

Serás capaz?

Como??? Pero aínda o estás a pensar?? Non hai  agallas, non si?? Non te preocupes, sabemos que isto é só pra os mais atrevidos...ou os que menos cabeza teñen...Se queres vir a mostrarnos a túa valentía, bule á sala aberta a apuntarte(de 6ºEP en adiante, o Mércores mais tardar). Agardámosvos!!!

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras