Termos e condicións

ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO trata a información que lle facilita coa finalidade de xestionar a alta das persoas que participan nas actividades organizadas pola asociación.

A base legal para o tratamento dos seus datos é a de poder atender a súa solicitude de inscrición.

Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña de alta como usuario/a ou durante os anos necesarios para cumplir coas obrigas legais.

Os datos poderán ser cedidos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, á Inspectoría Salesiana “Santiago El Mayor” e a entidades aseguradoras.

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre si estamos tratando os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa portabilidade, limitación ou supresión cando os datos xa no sexan necesarios mediante escrito dirixido ao seguinte enderezo:

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 - A Coruña

Asemade, e especialmente se considera que non obtivo satisfacción plena no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control dirixíndose a estes efectos á Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid.


No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, deberá comunicalo por escrito co fin de manter os seus datos actualizados.

 

Aviso legal

Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.cxabeiro.org (en adiante sitio web) é operada pola ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO, con C.I.F. G-15456700, con domicilio social na RÚA DON BOSCO 1, 15003  A CORUÑA.

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, a ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Responsabilidade da ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO

A ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. A ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.



Protección de datos

Por medio da páxina web www.cxabeiro.org non se recolle ningún dato de carácter persoal.

 

Política de cookies

Pódese consultar a nosa política de cookies na seguinte ligazón: Política de cookies

Política de cookies

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no seu navegador cando visita case calquera páxina web. A súa utilidade é que a web sexa capaz de lembrar a súa visita cando volva navegar por esa páxina. As cookies adoitan almacenar información de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns a redes sociais, acceso a contas de usuario, etc. O obxectivo da cookie é adaptar o contido da web ao seu perfil e necesidades, sen cookies os servizos ofrecidos por calquera páxina veríanse minguados notablemente. Se desexa consultar máis información sobre que son as cookies, que almacenan, como eliminalas, desactivalas, etc., rogámoslle diríxase a esta ligazón.

 

COOKIES UTILIZADAS NESTE SITIO WEB

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos procedemos a detallar o uso de cookies que fai esta web co fin de informarlle coa máxima exactitude posible.

Este sitio web utiliza as seguintes cookies propias:

  • Cookies de sesión, para garantir que os usuarios que escriban comentarios no blog sexan humanos e non aplicacións automatizadas. Desta forma combátese o spam.

Este sitio web utiliza as seguintes cookies de terceiros:

  • Google Analytics: Almacena cookies para poder elaborar estatísticas sobre o tráfico e volume de visitas desta web. Ao utilizar este sitio web está a consentir o tratamento de información acerca de vostede por Google. Por tanto, o exercicio de calquera dereito neste sentido deberá facelo comunicando directamente con Google.
  • Redes sociais: Cada rede social utiliza as súas propias cookies para que vostede poida picar en botóns do tipo Gústame ou Compartir.

 

DESACTIVACIÓN OU ELIMINACIÓN DE COOKIES

En calquera momento poderá exercer o seu dereito de desactivación ou eliminación de cookies deste sitio web. Estas accións realízanse de forma diferente en función do navegador que estea a usar. Aquí lle deixamos unha guía rápida para os navegadores máis populares.

 

NOTAS ADICIONAIS

  • Nin esta web nin os seus representantes legais fanse responsables nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que poidan ter os terceiros mencionados nesta política de cookies.
  • Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e desde este lugar debe efectuar o seu dereito a eliminación ou desactivación das mesmas.
  • Nin esta web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.
  • Nalgúns casos é necesario instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non aceptación das mesmas.
  • No caso das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores situados en Estados Unidos e comprométese a non compartila con terceiros, excepto nos casos nos que sexa necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue para ese efecto. Segundo Google non garda a súa dirección IP. Google Inc. é unha compañía adherida ao Acordo de Porto Seguro que garante que todos os datos transferidos serán tratados cun nivel de protección acorde á normativa europea. Pode consultar información detallada a este respecto nesta ligazón. Se desexa información sobre o uso que Google dá ás cookies achegámoslle esta outra ligazón.
  • Para calquera dúbida ou consulta acerca desta política de cookies non dubide en comunicarse con nós a través da sección de contacto.
  • 1
  • 2

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras