COMEZO ACTIVIDADES IEF. SALTIMBANQUIS, ANDAINA,ADS E CATECUMENADO

INSCRICIÓN ON LINE

 

 

Benqueridas familias, queremos informarvos para que animedes aos vosos fillas e fillos a participar nos grupos do IEF que comezan as súas actividades do curso 2020 e 2021.

 Que é o IEF?

É unha proposta, un itinerario de educación no tempo libre para rapaces e rapazas de entre 6 e 19 anos, que pretende o desenvolvemento de valores e actitudes humanas e cristiás, acollendo como método de aprendizaxe a dimensión lúdica. 

Este programa consta dos seguintes proxectos:

 

Saltimbanquis: 

Grupo para 1º, 2º e 3º de E. Primaria no que gozar de actividades lúdicas e abertas (participativas, creativas, acolledoras…) tendo coma referencia a  figura de Juanito Bosco e o seu grupo de amigos e amigas.

Andaina: 

Grupo para 4º, 5º e 6º de E. Primaria que se xuntan todos os sábados á mañá nos locais do Centro Xuvenil. Pretende educar en valores humano-cristiáns a través de xogos e aventuras, tendo coma base o “Mundo dos Gnomos” e as “Sete regras de ouro do Bosque Andaina”.

ADS (Amigos Domingo Savio):

Grupo para rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO cos que traballar distintos valores humano-cristiáns (amizade, solidariedade, ledicia, diálogo, respecto, responsabilidade, compromiso, xustiza, creatividade, paz, ecoloxía…) desde unha clave lúdica e empregando a metodoloxía da aventura, tendo como modelo a Domingo Savio.

 CATECUMENADO

 

Grupos xuvenís de tempo libre onde o obxectivo principal é o Me Nos Lo Lo

Coñecerme: Para medrar preciso saber quen son e por iso potenciamos a reflexión, non facer as cousas sen máis, senón pensándoas ...

Coñecernos: Medramos xuntos e xuntas, e por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre as persoas do grupo, proxectamos accións e momentos xuntas.

Coñecelo: Vivimos nun mundo común, e por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade, e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora.

Coñecelo: Xesús é o noso modelo de persoa, e por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a súa vida, celebramos xuntas a nosa fe ...

Como van a ser as actividades do IEF este curso?

Debido á situación actual (Covid), haberá algunhas modificacións na metodoloxía das actividades. O uso da mascara será obrigatorio, empregaremos hidroxel antes,durante e despois das actividades, tomaremos a temperatura na entrada, os grupos serán reducidos (5 nenos/as por cada animador/a), minimizaremos ao máximo as actividades de contacto, polo de agora non celebraremos encontros autonómicos, acampadas, etc; cumprindo en todo momento as medidas propostas polas autoridades sanitarias.

 

Cando comezamos? A que hora?

O inicio oficial das actividades de Saltimbanquis, Andaina e ADS é o vindeiro sábado 14 de novembro de 2020 ás 11,00 h. ata as 13,00 h. 

A entrada e saída será:

Saltimbanquis : Portón do colexio (Paseo Marítimo).

Andaina: Portón do colexio (Paseo Marítimo).

ADS: Porta do Centro Xuvenil Abeiro pola Rúa Don Bosco 1.

  • Para facilitar a xestión de entradas e saídas, é indispensable non aglomerarse na porta e chegar puntuais, nunca máis aló das 11,20 h. 
  • Cada neno ou nena acudirá ao punto de entrada e saída establecido acompañado por unha única persoa adulta que deberá levar máscara, tanto na hora da entrada como na de recollida.
  • As familias non poderán acceder ás instalacións.
  • Para poder acceder o primeiro día será necesario entregar asinada a Declaración Responsable.

CATECUMENADO:  Os/as animadores/as de cada grupo, informarán aos mozos e mozas da data e horario das súas reunións, puntos de entrada e saída, así coma doutras medidas a observar. Entregar asinada a DECLARACIÓN RESPONSABLE.

 Podes descargar aquí a declaración responsable.

(Pincha aquí para coñecer o Plan de Actuación nas actividades do IEF con motivo da Covid-19)

 

INSCRICIÓNS ON LINE:

    • Prazas LIMITADAS, por rigorosa orde de inscrición.
    • O período de inscrición será de domingo a venres ás 18.30 horas, ata esgotar prazas. (por exemplo, esta semana poderemos inscribirnos ata o venres 13 ás 19.30, e de quedar prazas libres, abrírase de novo o prazo de inscrición o domingo 15 de novembro). Pregamos respectar estas normas, pois con elas pretendemos garantir as medidas hixiénico-sanitarias establecidas, e poder garantir a trazabilidade dos grupos.
    • Ningún neno/a que non estea inscrito respectando este período, poderá acudir ás actividades. 
    • Cota: 15€ anuais.

      Mediante transferencia bancaria no seguinte número de conta ES59 2100 2109 4102 0025 2734

      Co concepto (SALT, AND, ADS,CAT + Nome do participante)

    • No momento de acceder á ficha de inscrición teremos que adxuntar no apartado indicado, unha foto do rapaz/a e o xustificante de pagamento da cota.

     

 

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter