Inscrición para o Grupo de Teatro

Acepta a seguinte cesión de datos só se eres maior de idade

 

Dacordo co establecido no art. 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, polo que se regula o dereito de información na recollida de datos, a Asociación Centro Xuvenil Abeiro solicita o seu consentimento para:

 

  1. Facer uso dos seus datos de carácter persoal recollidos no Formulario de Inscrición Web ou presencial, co obxectivo de incluílos nun ficheiro automatizado do que é responsábel a Asociación Centro Xuvenil Abeiro. A asociación garántelle que os seus datos será tratados coa máxima confidencialidade.

  2. Todo-los datos solicitados a través do Formulario de Inscrición son necesarios. De non ser cumprimentados, non se procederá á inscrición na actividade (neste caso particular, Teatro).

  3. Do mesmo xeito, vostede consente o tratamento dos datos co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da citada actividade. Autoriza á Asociación Centro Xuvenil Abeiro a cesión e o uso de imaxes e vídeos nos que apareza individualmente ou en grupo no transcurso da actividade, independentemente de se a devandita actividade lévese a cabo dentro ou fora das súas instalacións. Imaxes ou videos son susceptibles de seren publicadas polo Centro na páxina web, conta de Facebook e Twitter (www.cxabeiro.org, Abeiro Centro Xuvenil e @cxabeiro respectivamente) ou outras publicacións impresas ou dixitais da mesma, asi como da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e da Inspectoría Salesiana "Santiago el Mayor".

  4. Informámoslle da posibilidade de exercer o seu dereito ao acceso, rectificación ou cancelación. Se desexa exercer dito dereito, deberá ser comunicado por escrito e remitido ao Centro Xuvenil Abeiro ao seguinte e-mail: cxabeiro@cxabeiro.org ou á seguinte dirección postal: Rúa Don Bosco 1, 15003, A Coruña.

 

Se eres menor de idade descarga a seguinte autorización para que teu pai/nai/titor/titora a cubra e despois entrégaa no Centro Xuvenil

Descargar autorización