Que facemos

As diferentes actividades que realizamos no Centro Xuvenil Abeiro organízanse nos diferentes programas de traballo que mostramos a continuación. Para saber mais sobre un proxecto en particular prema enriba do seu nome.

  • Itinerario de Educación na Fe (IEF): é unha proposta para rapazas e rapaces de entre 6 e 19 anos que pretende o desenvolvemento de valores e actitudes humás e cristiás. Este programa está composto dos seguintes proxectos:
  • Programa Lecer: é unha proposta de lecer que se fai ás/aos nenas/nenos e rapazas/rapaces no seu tempo libre e que se pretende compatibilizar o goce, o descanso e a diversión co crecemento e desenvolvemento libre das persoas. Este programa concrétase nos seguintes proxectos:
  • Programa Anima en Abeiro: é un programa formativo para aquelas persoas que animan no Centro Xuvenil e aqueloutras que se incorporan á animación, desenvolvendo, con elas e dende elas, procesos persoais e grupais que faciliten o medre persoal e comunitario, a competencia na animación, a profundidade espiritual e a acción social transformadora. Consta dos seguintes proxectos:
  • Proxecto Vagalume: proxecto solidario da asociaciación a través do cal tentamos que as persoas desfavorecidas e excluídas e os seus problemas estean presentes na actividade cotiá do noso centro xuvenil e que, a través da colaboración en pequenos proxectos, quenes conforman Abeiro axuden a transformar a realidade que os arrodea. Este programa concrétase nas seguintes campañas:
  • Programa Rebumbio: programa de cursos e obradoiros que se realizan para todo tipo de destinatarios. Non ten ningún proxecto en concreto pois en cada curso hai diferentes ofertas en función da dispoñibilidade e a demanda.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras