Campamento Urbano
É unha actividade dirixida a rapaces e rapazas que, por diversas razóns, pasan as súas vacacións de verán, durante os días que se desenvolve o campamento, na Coruña. É un campamento con catro características fundamentais: aberto, gratuíto, na cidade e con continuidade. É un campamento “diferente”, pois as/os rapazas/rapaces comen e dormen nas súas casas.
Un día importante do C.U. é a Xuntanza de Campamentos Urbanos, onde compartimos xogos, experiencias e diversión con outras rapazas/rapaces de distintos lugares de Galiza.
Datas e horarios:
- Do 28 de Xullo ao 8 de Agosto
- De 10:00 a 13:00
Participantes:
- Rapazas e rapaces de 6 a 12 anos
{addthis off}