Sala Aberta
Este proxecto vai dirixido ás/aos mozas/mozos de 13 anos en diante e tenta ofrecer, dende o tempo libre e de lecer, un espazo onde estas e estes poidan estar e desenvolver os seus intereses, gustos, inquedanzas…
Obxectivos xerais:
- Xerar un espazo de lecer axeitado aos intereses, gustos, necesidades, expectativas e inquedanzas das/dos rapazas/rapaces
- Promover e potenciar un ambiente lúdico-educativo onde as/os mozas/mozos se sintan acollidas/acollidos
- Facilitar o desenvolvemento psicomotor, afectivo e social das rapazas/rapaces a través do lecer
- Potenciar unha vivencia do lecer baseada na convivencia
- Posibilitar que as/os rapazas/rapaces accedan a medios ou instrumentos lúdicos
- Posibilitar o acceso a información xuvenil
- Facilitar o desenvolvemento dos proxectos e ideas das/dos mozas/mozos
- Favorecer o estabelecemento dunha visión alternativa do tempo de lecer no conxunto da mocidade e da poboación
Datas e horarios:
Dende principios de Outubro ata finais de Xuño.
- De luns, martes e mércores de 17:30 a 18:30
- Venres de 19:00 a 22:00
Actividades:
Ludoteca, Audioteca, Punto de Información Xuvenil, Hemeroteca, Banda Deseñada, Andel (exposicións, presentacións de libros, charlas, animación á lectura…), Cinema, Obradoiro de Guitarra, Carreiros e todas aquelas actividades propostas polas rapazas e rapaces.
{addthis off}