Semana Solidaria
A Semana Solidaria é unha campaña que se desenvolve no terceiro trimestre e que consiste en actividades lúdicas e de sensibilización co gallo de recaudar fondos para os proxectos solidarios marcados cada curso pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
Obxectivos:
- Sensibilizar ás/ós mozas/mozos nun ambiente lúdico-educativo.
- Contar coa axuda de entidades ou asociacións da cidade.
- Traballar conxuntamente coa nosa obra salesiana no desenvolvemento da campaña.
Actividades:
- Realizamos todo tipo de actividades(exposicións, xogos, concertos, charlas, concurso, torneos...), moitas delas relacionadas coa temática dos proxectos solidarios da campaña.
Lugar e datas:
- Nos locais do Centro Xuvenil Abeiro, pavillón e/ou teatro do colexio Salesianos Don Bosco. Celébrase durante unha semana enteira no terceiro trimestre (datas confirmadas en Xuño, ó remate do curso anterior)