Operación Quilo
Campaña que se desenvolve no Nadal e que consiste en recoller todo tipo de alimentos de primeira necesidade e non perecedoiros a curto prazo. Ao mesmo tempo, coñecemento dunha entidade social de A Coruña que desenvolva a súa acción en axudar aos/ás excluídos/excluídas da nosa cidade.
Obxectivos:
- Educar á xente moza no valor de compartir.
- Concienciar aos/ás nenos/as, mozos/as sobre os problemas de desigualdade e inxustiza que está a padecer a maioría da xente do noso planeta.
- Comprometer á mocidade na solidariedade cos/as excluídos/as da nosa cidade.
Actividades:
- Consisten en realizar a publicidade da campaña, parolando con..., recoller alimentos, desenvolver un grande xogo de sensibilización, visita a unha entidade social da cidade, e reparto de alimentos a distintas entidades locais.
Participantes:
- Son 500 as rapazas e rapaces que colaboran na doazón de alimentos. En organización e coma axentes da campaña traballan ao redor de 20 mozas e mozos de entre 15 e 17 anos. No grande xogo de sensibilización participan 150 nenas/os, rapazas/es.
Lugar e datas:
- Nos locais da asociación Centro Xuvenil Abeiro durante todo o mes de Decembro.