"Taponea con..."

"Taponea con..."  é unha campaña de colaboración con outra entidade ou asociación galega que se desenvolve durante todo o ano. A nosa labor é recoller tapóns de plástico e cederllos a dita asociación ou entidade para que poidan reciclalos co fin de recadar fondos. Arestora estamos recollendo tapóns para Arela (Asociación de persoas con discapacidade e familiares).

 

Obxectivos:

  • Involucrar ós xóvenes en campañas solidarias.
  • Dar a coñecer unha asociación ou entidade da cidade ou da comunidade.
  • Concienciar ós mozos mostrándolles que as pequenas accións, como pode ser dar un tapón de plástico, poden convertirse en axudas vitais.

 

Participantes:

  • Toda persoa que queira aportar tapóns de plástico. Calquer tapón de plástico serve: tapóns de botellas de aceite, vinagre, especias (ourego, pementón...), bricks ou botellas de leite, tapas de leite condensada, tapas de leite en polvo, os das botellas de lexivia, tapas de nocilla, colacaco, frascos de mel, patés, tapóns de refrescos, zumos, tapas de kétchup, mahonesa, pasta de dentes, champús...

 

Datas e horarios:

  • Dende principios de Outubro ata finais de Xuño na Sala Aberta do Centro Xuvenil:
    • Luns, martes e mércores de 17.30h a 18.30h
    • Venres de 18.00h a 22.00h
  • De Xuño a Outubro pódense deixar na Libraría Salesiana (Av Pedro Barrié de la Maza 11)

Semana Solidaria

A Semana Solidaria é unha campaña que se desenvolve no terceiro trimestre e que consiste en actividades lúdicas e de sensibilización co gallo de recaudar fondos para os proxectos solidarios marcados cada curso pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

 

Obxectivos:

  • Sensibilizar ás/ós mozas/mozos nun ambiente lúdico-educativo.
  • Contar coa axuda de entidades ou asociacións da cidade.
  • Traballar conxuntamente coa nosa obra salesiana no desenvolvemento da campaña.

 

Actividades:

  • Realizamos todo tipo de actividades(exposicións, xogos, concertos, charlas, concurso, torneos...), moitas delas relacionadas coa temática dos proxectos solidarios da campaña.

 

Lugar e datas:

  • Nos locais do Centro Xuvenil Abeiro, pavillón e/ou teatro do colexio Salesianos Don Bosco. Celébrase durante unha semana enteira no terceiro trimestre (datas confirmadas en Xuño, ó remate do curso anterior)

Cea Misioneira 2011

 

O venres 16 de Decembro estamos convidados todas as animadoras e animadores de Abeiro a participar na Eucaristía e cea misioneira.

O prezo da cea é a doación que cada un queira aportar libremente.

Quen queira participar pode anotarse ata o día 12 ben no despacho ou ben no correo do Centro cxabeiro@cxabeiro.org

Pombas solidarias

En colaboración coa O.N.G.D. Mans Unidas, realízase esta actividade para promover a sensibilidade e a solidariedade cos problemas dos países do Terceiro Mundo. Ambiéntase o lugar cunhas carteleiras informativas da campaña de Mans Unidas e co proxecto co cal se colabora, ademais de facer unha serie de actividades, obradoiros e xogos.

 

Obxectivos:

  • Sensibilizar aos/ás nenos/nenas, rapaces/rapazas coa labor que realizan as ONGs, especialmente Mans Unidas, en favor do Terceiro Mundo.
  • Colaborar coa campaña que todos os anos organiza Mans Unidas.
  • Potenciar a sensibilización da nosa cidade cara valores coma a solidariedade e a xustiza.

 

Actividades:

  • Grande actividade conxunta de todos os grupos do Itinerario. De carácter informativo, de recolleita de donativos e obradoiros e xogos relacionados coa temática da campaña.

 

Destinatarios:

  • Máis de 150 nenas/nenos, rapazas/rapaces de entre 8 e 19 anos.

 

Lugar e datas:

  • Nun espazo céntrico da cidade, no sábado máis próximo á campaña.

Operación Quilo

Campaña que se desenvolve no Nadal e que consiste en recoller todo tipo de alimentos de primeira necesidade e non perecedoiros a curto prazo. Ao mesmo tempo, coñecemento dunha entidade social de A Coruña que desenvolva a súa acción en axudar aos/ás excluídos/excluídas da nosa cidade.

 

Obxectivos: 

  • Educar á xente moza no valor de compartir.
  • Concienciar aos/ás nenos/as, mozos/as sobre os problemas de desigualdade e inxustiza que está a padecer a maioría da xente do noso planeta.
  • Comprometer á mocidade na solidariedade cos/as excluídos/as da nosa cidade.

 

Actividades:

  • Consisten en realizar a publicidade da campaña, parolando con..., recoller alimentos, desenvolver un grande xogo de sensibilización, visita a unha entidade social da cidade, e reparto de alimentos a distintas entidades locais.

 

Participantes:

  • Son 500 as rapazas e rapaces que colaboran na doazón de alimentos. En organización e coma axentes da campaña traballan ao redor de 20 mozas e mozos de entre 15 e 17 anos. No grande xogo de sensibilización participan 150 nenas/os, rapazas/es.

 

Lugar e datas:

  • Nos locais da asociación Centro Xuvenil Abeiro durante todo o mes de Decembro.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter