Aviso legal

Aviso Legal

De acordo co disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), poñemos no seu coñecemento que a páxina web co enderezo URL www.cxabeiro.org (en adiante sitio web) é operada pola ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO, con C.I.F. G-15456700, con domicilio social na RÚA DON BOSCO 1, 15003  A CORUÑA.

O acceso e uso do sitio web polo/a usuario/a supón que acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir os termos e condicións recollidos no presente aviso legal. Polo tanto, debe lerse atentamente o presente aviso legal en cada unha das ocasións en que se vaia utilizar o sitio web, xa que este e as súas condicións de uso poden sufrir modificacións.

Condicións de uso

O acceso ao sitio web é gratuíto.

O/a usuario/a comprométese a non utilizar o sitio web con fins fraudulentos, así como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos da ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO ou de terceiras persoas. Comprométese, así mesmo, a non realizar ningún acto co obxecto de prexudicar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web, ou que impida, de calquera forma, o normal uso e funcionamento deste.

No caso de incumprimento do contido do presente aviso legal, da política de privacidade ou de calquera outro termo ou condición particular recollidos no sitio web, a ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO resérvase o dereito a limitar, suspender ou terminar o acceso ao sitio web, adoptando calquera medida técnica que sexa necesaria.

Responsabilidade da ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO

A ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO non se responsabiliza dos danos e prexuízos causados ao/á usuario/a como consecuencia de riscos inherentes ao medio empregado, nin dos ocasionados polas vulnerabilidades nos seus sistemas e ferramentas. A ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO non garante a total seguridade dos seus sistemas e, aínda que ten adoptadas medidas de seguridade adecuadas, non descarta totalmente a existencia de vulnerabilidades e, en consecuencia, o/a usuario/a debe ser precavido/a na interacción co sitio web.



Protección de datos

Por medio da páxina web www.cxabeiro.org non se recolle ningún dato de carácter persoal.

 

Política de cookies

Pódese consultar a nosa política de cookies na seguinte ligazón: Política de cookies

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter