PRESENTACIÓN DO CADERNO XALGARETE “Recei contigo” Bóveda Cristián.

Este mércores 25 de xuño ás 20:00 horas nos locais da Asociación Cultural “Alexandre Bóveda” (Rúa Olmos 16-18, 1o, A Coruña) terá lugar a presentación do Caderno Xalgarete no4 “Recei contigo” “Bóveda Cristián”.

Estarán presentes no acto:

  • Por parte dos autores:
    • Victorino Pérez.
    • Rubén Aramburu.
  • Por parte dos coordinadores do caderno:
    • Juan Soutullo González.
    • Xulio C. Iglesias Blanco.

 

A comisión Galiza da FEDERACIÓN DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA (da que é membro fundador o Centro Xuvenil Abeiro de A Coruña) continúa adiante co seu compromiso coa lingua e coa cultura galegas: presentamos o cuarto título dos Cadernos Xalgarete: Recei contigo: Bóveda cristián.

Nesta entrega abórdase un tema para nós moi importante, pois Xalgarete está inserida nunha asociación xuvenil, que comparte os valores do estilo salesiano con base do colexio salesiano, onde Alexandre Bóveda de mozo estivo activo no seu oratorio festivo, que sería na linguaxe de inicios do século XX un centro xuvenil de tempo libre.... Para nós a nosa orixe.

Nesta publicación tentamos facer pública en Alexandre Bóveda unha faceta que moitas veces ocúltase ou simplemente non se narra, esquécese: O seu compromiso cristián, a súa opción cristiá de vida compaxinada co amor a súa terra. Cremos que é un modelo a seguir compaxinado xustamente dous polos que moita xente cre que non se poden unir: un compromiso real e efectivo pola súa terra e a súa opción cristiá. 

Para elo contamos coa colaboración de diferentes persoeiros que analizan e argumentan razóns para descubrir un Bóveda cristián namorado e comprometido co seu pais.

Os autores que colaboraron nesta publicación son:

  • Francisco Carballo Carballo
  • Alfonso Blanco Torrado
  • Daniel López Muñoz
  • Pedro Fernández Castelao
  • Xabier Blanco Vilar
  • Xosé Manuel Caamaño López
  • Isaac Alonso Estraviz
  • Carme Soto Varela
  • Victorino Pérez Prieto
  • Rubén Aramburu Moler
  • José-Martinho Montero
  • Andrés Torres Queiruga
  • Engracia Vidal Estévez
  • Marisa Vidal Collazo
  • Enrique Bande Rodriguez
  • Manuel Regal Ledo

LUGAR:

 

Rúa Olmos 16-18, 1º, A Coruña, ás 20:00 h.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Entidades colaboradoras