E como todos os anos, comezaremos coa "Actividade de Paso", na que celebraremos o inicio das actividades dándolle a benvida aos novos amigos e amigas que nos acompañarán este curso, así como o paso daqueles e aquelas que terminan unha etapa e comezarán outra nova.
A actividade comezará, en todas as agrupacións, ás 11:00 e rematará ás 13:00.
Tedes toda a información para realizar a inscrición no seguinte enlace:
Un ano máis dende o Centro Xuvenil Abeiro e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán nas agrupacións do IEF.
PERÍODO de preinscrición PECHADO
INSCRICIÓNS
Do 1 de xuño ao 22 de xuño. Informarase máis adiante.
DEVOLUCIÓNS
Se unha baixa prodúcese durante o período de preinscrición (ata o 31 de Maio) devolverase ao participante a cota de preinscrición.
Se unha baixa prodúcese durante o período de inscrición devolveráselle ao participante todo o achegado, excepto a cota de preinscrición
Se unha baixa prodúcese despois do período de inscrición (20 de Xuño) non se devolverá nada do achegado
Se unha baixa é por causa de forza maior (accidente,...) estudiarase a cota para devolver en cada caso