Novas Descargas engadidas

Xa están dispoñibles (despois duns cantos contratempos) na sección de [url=http://www.cxabeiro.org/modules/rmdp/index.php]descargas[/url] as follas informativas da Federación e maila Confederación, ademais dalgunha información sobor das actividades que se celebrarán durante estas Pascuas, organizadas pola Delegación de Pastoral da Inspectoría Salesiana de León. Calquera modificación, erro ou suxestión, por favor comunicádeo onde sempre: webmaster@cxabeiro.com, ou [url=http://www.cxabeiro.org/modules/contact/index.php]neste enlace[/url].

Encontro de Comisións

DATA: domingo, 2 de Abril LUGAR: CX Don Bosco (Santiago de Compostela) HORA: 17:00/19:00 Encontro de Comisións de Ritmo aberto e centros de interese: - MÚSICA. - SALAS MOZAS-PIX. - INFORMÁTICA Neste encontro búscase falar, intercambiar experiencias, propoñer, coñecer outras realidades, preguntar. Está aberto a tódolos interesados-as, pregunta no teu Centro Xuvenil. Tamén se xuntarán este día as seguintes comisións de ritmo propio: - Galiza. - Campamentos urbanos.

17 de marzo

Hoxe, venres, ás 20:30 haberá apresentación da páxina web de abeiro a cargo do equipo de informática. Mañá, sábado, ás 20 horas, Jaime Martínez dinamizará o obradoiro de divulgación e coñecemento do universo. O sábado e domingo, representantes do noso centro xuvenil participarán na Asemblea Inspectorial de Centros Xuvenís en Santiago de Compostela.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

Entidades colaboradoras