HOXE É O CUMPREANOS DE ANDAINA! TÓDOLOS GNOMOS E GNOMAS ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!
Como xa saberás o día 21 de marzo é o día da árbore, elemento supersignificativo para nós, posto que non só é a casa dos nosos queridos gnomos, senón que é o noso símbolo máis importante: a ÁRBORE ANDAINA!
Pero aí non remata a cousa, porque é que este ano cumprimos 7 ANOS!!! E como xa saberás, o número 7 é tamén moi máxico para nós. Por iso este ano, é un deses cumpreanos especiais. Con motivo deste 7 cumpreanos, tamén estamos a ter momentos e a facer cousas especiais.
De momento, pódeste achegar á Sala Aberta, onde nos atoparás! Tamén, co gallo de aproveitar este espazo tan guai da páxina web, animámoste a que deixes a túa felicitación no noso foro.
Pero haberá máis sorpresas para todos/as...seguiremos informando!
Esta fin de semana volvemos ao ritmo normal de actividades, así os proxectos Tardes Abertas, Andaina, A.D.S. e Abrente retomarán o ritmo previo a Pombas Solidarias.
Mañá, ás 19:00 horas, xúntase Tardes Abertas para preparar o acampamento de verán.
O sábado, ás 20:00 horas, haberá xuntaza de programación do Campamento Urbano.
O martes vindeiro exporase a exposición "Mellor dito" na Sala Aberta. Este mesmo día, ás 21:50 haberá xuntanza do Equipo de Traballo Garamallo.
Atención, que temos a segunda diplomada da semana!
Despois de 2 créditos que moito se fixeron esperar, a nosa incrible coordinadora de Espabila (zona Coruña e provincia) xa é diplomada en Educación Social, ¡Noraboa! ¡Felicidades, Nuria!
E vós que? Eiii, usuarios rexistradoooos! Non tedes novas destas? Ou algo que fale das agrupacións? Algunha nova simplemente?
De tela, pinchade en enviar artigo (aí á esquerda), e despois enviade unha mensaxe privada a admin, para que sexa publicada.
Animádevos!
Por certo, que para subir imaxes tédesmas que enviar por correo (webmaster@cxabeiro.org ou informatica@cxabeiro.org), ou subilas co botón "Image Manager".