Premios do Concurso de Fotografía

Ola a todos e todas: O pásado 1 de Decembro entregáronse no Centro Xuvenil Amencer os premios do IV Concurso de fotografía Galiza en Branco e Negro organizado pola Federación e máis concretamente pola Comision Galiza. Os premios foron entregados polo presidente da Federación e o presidente do Centro Xuvenil Amencer, asistindo tamén o Xestor da Federación.

Seguir lendo

INFOABEIRO 30-11-06

Hoxe finaliza Santos e mañá comeza Nadal. Mi madriña! Que medo! O sábado remata a aventura de Tardes Abertas "Tras a pista dos Reis Magos" e desde esta agrupación solicítase que algún home animador poida facer de Rei Gaspar. Este mesmo día, ás 19:30, haberá xuntanza para preparar o Xogo da Operación Quilo. O venres marcharán ao curso de teoloxía en León, Quique Carretero, Laura Regueira, Asun Paredes, Nacho Penas e MJ Represas. O martes, día 5 de decembro, haberá CPA e ás 17:30 comezaremos a decorar o Centro Xuvenil e máis escola salesiana, cos grupos Abrente, co gallo da Operación Quilo. Gostariamos, por último, que aproveitando estes días de festivos, puideramos ir levando ao Punto Limpo todo o refugallo que temos apilado nos nosos locais. Saúdos, en especial a todos os que estades lonxe (Ana Formoso, Miguelanxo, Totó, Emanuela e Lucía Pita)

INFOABEIRO 23-11-06

Bo día a todos e todas! Esta fin de semana imos participar os animadores e animadoras do Centro Xuvenil Abeiro na Asemblea de Itinerario que se celebrará en Cambados. Os participantes do noso centro son vinte e dous: Catecumenado: Xabi Carrajo, Anahí Prego, María Yáñez, Ana Losada e Antón Laxe A.D.S.: César Rouco, Lorena Lemos, Ana Yáñez, Carlos Yáñez e Fátima Fontenla Andaina: Belén Losada, Kike Carretero, Laura Regueira, María Díaz, Aida Mosquera e José Antonio Rodríguez. Tardes Abertas: Isa Balsa, Pili González, Miguel Pena, María Rouco, Patri García e Patri Caméan. Espabila: Fran Pita Outras realidades: Xurxo García En principio, se non hai novidade, sairemos ás 8:15 da mañá do portalón. Cómpre que sexades puntuais. Hoxe hai xoves de oración ás 20:30 horas e tamén xuntaranse algunha xente de solidariedade para ir preparando algo da dinámica do día 16 de decembro. A vindeira semana reunirase o C.P.A.. Por último, dicirvos que Pina e Ángela están a revisar todos os materiais que temos no centro e pedímosvos que durante a semana, ao igual que nas salas, enviedes un correo electrónico ou chamedes para solicitar os materiais que empregaredes durante a fin de semana. Desta maneira saberemos o que temos, o que hai que mercar e organizaremos todo dun xeito que non implique derroche nin malgasto. Os materiais que necesitedes deixaranse na sala de materiais para que tan só os teñades que recoller cando vaiades facer a actividade. Pídesevos igualmente que os deixedes onde os recollades. Saúdos

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter