A festa deste tempo

De novo, aproveitamos o monográfico da revista Brincadeira sobor das festas tradicionais galegas para presentar algunhas ideas sobre o Magosto, a festa deste tempo no que andamos. Ben sabemos que andamos con algo de retraso, pero non queriamos deixar de comentalo. Seguiremos informando!!

Asemblea Inspectorial

Esta fin de semana celébrase en Cambados a IV Asemblea Inspectorial de Animadores e Animadoras do Itinerario de Educación na Fe. Velaí queda o cartel publicitario da mesma. Para quen non o saiba, por ese motivo esta fin de semana non hai actividades de Andaina, ADS, Tardes Abertas nin tampouco abrirá a Sala Aberta. Sentimos as molestias.

Seguir lendo

INFOABEIRO 16-11-06

Hoxe ás 20:30 teremos a nosa oración dos xoves. Mañá venres haberá na Sala Aberta ás 19:30 ciclo de cinema de temática irlandesa que dinamiza Fran Villaamil. O sábado os ADS, trinta e cinco rapaces e rapazas apuntados, irán todo o día ao encoro de Cecebre. Este mesmo día ás 19 horas teremos o obradoiro de astronomía que dinamiza Jaime Martínez “O Ceo na Terra”. A vindeira semana no centro celebraranse as convivencias de segundo da eso que anima Xoán Soutullo. O martes, 21 do presente mes, haberá xuntanza do equipo de formación. Por último, lembrarvos (animadores e animadoras) que tendes que confirmar aos vosos coordinadores e coordinadoras a asistencia á asemblea de itinerario esta fin de semana, xa que o luns temos que dar número de asistentes.

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter