27 de Abril

INFOABEIRO 27-04-06 Esta semana e a vindeira teremos no noso Centro Xuvenil a exposición "Italia en Abeiro" que están a dinamizar Totó e Emanuela. Este sábado íannos pór un power point sobre onde viven eles, Roma e Calabria, amais de escoitar a unhas rapazas calabresas e degustar produtos típicos do seu pais. Mais non pode ser porque cadra en horario co partido Depor-Celta, polo que o adiamos para unha nova data que xa vos informaremos. Hoxe, xoves, hai oración ás 20:30. Mañá, venres 27, ás 21 horas haberá un contacontos na Sala Aberta que dinamizará Patri Cameán. O sábado, día 28, hai encontro inspectorial de adolescentes en Cambados e os A.D.S. irán a Caaveiro. O venres, ás 5:00 da mañá, marcha o grupo de Teatro, capitaneados por Xabi, a Barcelona a representar "O Chepudo de Notre-Dame" no Cor´s. Saúdos.

ITALIA EN ABEIRO

Mañá, mércores 26 de abril, inaugurarase a exposición que Emanuela e Totó están a preparar sobre o seu país, Italia. Durante o mércores, xoves e venres á mañá comentaránllela aos cursos da E.S.O. do colexio San Xoán Bosco. Á tarde a exposición se abrirá en horario de Sala Aberta. O sábado, día 29, ás 19:15 haberá unha charla sobre Roma e Calabria a cargo de Emanuela e Totó. Estarán acompañados dunhas rapazas de Calabria que amenizarán o acto con música desta rexión italiana. Ao cabo, rematarase cunha pequena degustación de produtos típicos destas zonas.

20 de Abril

Bo día a todos e a todas! Esta fin de semana voltamos a retomar as nosas actividades de Tardes Abertas, Andaina, Ads e Abrente. A Sala Aberta xa funciona no seu horario habitual e Espabila comeza hoxe cunha xuntanza de animadores e animadoras. Onte houbo xuntanza do equipo de traballo de formación, o cal está a rematar o Plano Local de Acompañamento. Hoxe, día 20, xoves, haberá xuntanza de Tardes Abertas contra as 19 horas, de Espabila ás 20 horas e Xoves de Oración ás 20:30. O sábado, día 22, haberá ás 20 horas o obradoiro "O CEO NA TERRA" que dinamiza Jaime Martínez. O vindeiro mártes, ás 20:30 haberá Equipo Coordinador do centro xuvenil. Desde o día 24 ao 30 de abril, na Sala Aberta desenvolverase unha serie de actividades en torno a coñecer máis fondamente Italia (informaremos máis polo miúdo). O vindeiro venres, 28 de abril, ás 21 horas teremos un contacontos no que podedes participar e que leva por temática as lendas e contos galegos de medo e terror. Agardamos que preparedes algo. Saúdos

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter