Miniacampamento Tardes Abertas

O vindeiro 27 de Xuño comezará o primeiro Miniacampamento de Tardes Abertas que durará ate o día 29 do mesmo mes. Terá como tema: "Descubrindo o noso contorno" no que tentaremos coñecer os os distintos lugares que nos arrodean. Éste Minicampamento terá lugar en Lago-Valdoviño, onde comezará a súa andaina que esperemos que poida continuar en anos sucesivos. Gracias a todos os os que nos apoiaron e axudaron neste proxecto.

SAN XOÁN EN ABEIRO

O vindeiro día 23, véspera de San Xoán, celebraremos a festividade do santo na noite máis feitiza e milagreira do ano. Para isto realizaremos unha pequena sardiñada e churrascada acompañada dunha sesión musical amenizada por unha morea de animadoras e animadores. Así mesmo, refrescarémonos con augas traídas de fontes naturais e misturada con todo tipo de follas e flores co que poder protexernos das meigas e dos perigos e embelecer as nosas facianas. O día 22, contra as 15:30 da tarde, recolleita de plantas e flores nos arredores da nosa cidade. Cómpre avisar quen vai participar, amais de dispor de coches.

Nova Sección na Web

Acabamos de inaugurar (con carácter aínda provisional, todo hai que dicilo) unha nova sección na nosa páxina web. Como podedes ver á vosa dereita, á sección chámase "as nosas festas" e fala diso precisamente, das nosas festas. Iremos actualizándoa segundo a data do ano e a festa que corresponda. Agora mesmo, toca o San Xoán. Picando enriba da imaxe, habedes acadar información dabondo sobre festa tan celebrada, todo grazas á información recollida pola revista Brincadeira no seu monográfico "As festas tradicionais galegas. Onte e hoxe: da aldea ao centro xuvenil". Nada máis, que a desfrutedes, e ¡Meigas fóra!

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15003 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter