O Centro Xuvenil Abeiro xunto coa Escola de Tempo Libre Don Bosco convoca un curso de monitor/a de tempo libre para realizar as fins de semana do 19 de marzo ao 1 de maio, luns, martes e mércores de semana Santa e intensivo do 18 ao 24 de xullo de 2022.
Como todos os anos por estas datas, ¡chega a Operación Quilo!
Este ano, co lema "Quilos que dan vida", axudaremos a preto de 70 familias da nosa contorna e gustaríanos que nos axudarades.
Do 9 ao 21 de decembro faremos unha recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e hixiene, así como de aportacións económicas que invertiranse nestes produtos.
Para ilo podes achegarte ao noso Centro Xuvenil (Rúa Don Bosco 1) como á parroquia María Auxiliadora (Rúa Hospital 7).
Tamén teremos un punto de recollida de produtos no supermercado Familia de Ramón del Cueto.
Outro xeito de colaborar é participando nas seguintes actividades que temos preparadas, cuxos requisitos son incribirse nos formularios correspondentes e aportar un 1kg de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene por cada participante.