 Hoxe, luns 21, rematamos a Operación Quilo 2009, xa que veu José Patiño, a recoller os alimentos de 25 familias que él encárgase de repartir. Este ano o número total de familias atendidas chegou a 63, o máis alto dos últimos anos.
Facendo unha pequena revisión, pódese dicir, que este melloramos respecto a 2008, atendemos a máis de 200 persoas, e colaboraron máis de 30 persoas, facendo paquetes e repartindos. Aínda así gustaríanos mellorar en 2010 e implicarnos aínda máis nesta campaña.
Os datos finais de alimentos foron os seguintes: Alimento Cantidade 1 Azucre: 104 kg 2 Pasta: 475 (1/2 Kg) 3 Leite: 218 Litro 4 Aceite: 252 Litro 5 Lentellas: 210 kg 6 Espaguetis: 131 (1/2 Kg) 7 Cons. Froita: 92 Unidade 8 Conservas: 330 Unidade 9 Turrón: 233 Unidade 10 Doces: 107 Unidade 11 Garbanzos: 133 kg 12 Fabas: 96 kg 13 Arroz: 244 kg 14 Fariña: 77 kg 15 Galletas 96 Unidade 16 Café 78 Unidade 17 Tomate 92 Unidade
Un saúdo dende o Equipo de Solidariedade |