 Unha vez dado o pistoletazo de saída ás actividades do Itinerario, o pasado sábado coa "Benvida a Abeiro",Tardes Abertas, Andaina, Ads e Catecumenado desenvolverán as súas actividades no seu horario habitual. Agás os rapaces e rapazas de iniciación I e II de Catecumenado que parten o sábado ás 9 da mañá, rumbo a Cambados para participar no "Donbosco.com-tigo".Regreso o domingo contra as 15 horas, saída de Cambados. ¡¡Boa viaxe e desfrútade desta experiencia!! Na sala Aberta, temos o seguinte horario para esta fin de semana. Hoxe, venres, a Sala pechará ás 21 horas. O sábado a Sala recupera o seu horario habitual,apertura ás 18,30, unha vez remate a actividade de Tardes Abertas, peche ás 22 horas. Este mesmo día, dentro do programa de Lecer "Noite Nova", desenvolvérase nas instalacións de Abeiro ( primeiro andar), o obradoiro "Coas túas MANS, COSTURA CREATIVA", de 20 a 22 horas. Esta actividade está dirixida a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos.Para participar na mesma é preciso incripción previa (www.coruna.es/cmix), xa que o número d eprazas é limitado.
Reunións de Equipos: Luns 20,ás 19,30 horas reúnese o Equipo de Solidariedade. Martes 21, ás 19 horas reúnese o Equipo Coordinador.
Boa fin de semana en Abeiro!!! |