XVI CAMPAMENTO URBANO

A Asociación Centro Xuvenil Abeiro presenta o XVI CAMPAMENTO URBANO “A Coruña, unha cidade de lenda”

As nosas actividades adaptáranse en todo momento ás indicacións marcadas dende as autoridades sanitarias

  • Promovéranse as actividades ao aire libre.
  • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
  • O pequeno grupo de 10 membros será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
  • Incorpóranse novos hábitos como a entrada e saída gradual á actividade, medición de temperatura, inclusión do lavado de mans nas actividades, declaración responsable da saúde do participantes, grupos fixos, mampara na secretaria, utilización de xel, máscara e outros elementos sempre que sexa preciso nas actividades.
  • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
  • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
  • A secretaria coa inscrición será online.

 

DATAS E HORARIOS:

  • Do 26 de xullo ó 6 de agosto
  • 10 a 13 horas

  

INSCRICIÓNS:

  • Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas nados entre ó 2008 e ó 2014 (que rematasen neste curso 1º EP e 2º ESO)

 

  • As inscricións  realizaranse de forma online ata esgotar prazas.  En caso de dúbidas ou dificultade podedes consultar ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00 a 14.30h.

 

*O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado omodelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil.

 

 

Contacto

Centro Xuvenil Abeiro
Rúa Don Bosco, 1
15002 A Coruña
Tlf:  693 84 60 23
cxabeiro@cxabeiro.org

En Twitter

Entidades colaboradoras