As diferentes actividades que realizamos no Centro Xuvenil Abeiro organízanse nos diferentes programas de traballo que mostramos a continuación.

Programa Tríscele (IEF)

Integrada na proposta educativa salesiana Itinerario de Educación na Fe, trátase dunha opción para rapazas e rapaces de entre 6 e 18 anos que pretende o desenvolvemento de valores e actitudes humanas e cristiás.

Programa Lecer

Proposta para a infancia e mocidade no seu tempo libre que pretende compatibilizar o goce, o descanso e a diversión co crecemento e desenvolvemento libre das persoas.

Programa Anima en Abeiro

Programa formativo para aquelas persoas que animan no Centro Xuvenil ou que se incorporan á animación, desenvolvendo, con elas e dende elas, procesos persoais e grupais que faciliten o medre persoal e comunitario, a competencia na animación, a profundidade espiritual e a acción social transformadora.

Programa Vagalume

Programa solidario da asociaciación a través do cal tentamos que as persoas desfavorecidas e excluídas e os seus problemas estean presentes na actividade cotiá do noso centro xuvenil e que, a través da colaboración en pequenos proxectos, quenes conforman Abeiro axuden a transformar a realidade que os arrodea.